Moitos xa sabedes como naceu esta iniciativa, pero por si algún despistado aterra neste blogue, eí vaio conto. Todos os anos celebramos a semana de poesía na que veñen ao centro un poeta e unha poeta. Este curso queriamos contar con Fran Alonso e Yolanda Castaño, pero descubrimos que non había presuposto. É por isto que nos xuntamos a pensar solucións e a maxia chegou da man de Manuel Figueiras. Para encher de soños os nosos poemas decidiu regalar / doar / agasallar (como queirades dicilo) uns libros de seu e facermos esta poxa, de xeito que os cartos obtidos sirvan para sufragar os gastos desta V SEMANA DA POESÍA. Grazas a el especialmente e a todos e todas vós pola aceptación tan boa da proposta.
Normas
Cada poxa debe superar, como mínimo, en 50 céntimos de euros a cantidade precedente.
Para que sexa válida, debe incorporar a identificación do autor (nome, curso e grupo) ou labor que desenvolve nesta comunidade educativa (profesor, pai/nai, bedel...)
20 maio 2008
Os Bolechas van a un festival
PEPE CARREIRO Os Bolechas van a un festival Col. Os Bolechas. A Nosa Terra
Non tiven vagar para actualizar a poxa de hoxe. Se vos parece correcto anoto 0'5 máis a todos e todas as que poxastes na páxina. ok??? se alguçen mçais quere poxar que siga o sistema de indicar o que sobe, porque os prezos son os do luns pola tarde. perdón.
5 comentários:
Neste momento a poxa está en 4€
pois eu 4.5
Non tiven vagar para actualizar a poxa de hoxe.
Se vos parece correcto anoto 0'5 máis a todos e todas as que poxastes na páxina. ok???
se alguçen mçais quere poxar que siga o sistema de indicar o que sobe, porque os prezos son os do luns pola tarde.
perdón.
e xa van os Bolechas polos 6€!!!!
cerramos a poxa na rede.
Lémbrovos que o último día para conseguir o libro é o mércores no recreo.
contamos con todos e todas alí.
ata entón...
Enviar um comentário