Moitos xa sabedes como naceu esta iniciativa, pero por si algún despistado aterra neste blogue, eí vai o conto.
Todos os anos celebramos a semana de poesía na que veñen ao centro un poeta e unha poeta. Este curso queriamos contar con Fran Alonso e Yolanda Castaño, pero descubrimos que non había presuposto. É por isto que nos xuntamos a pensar solucións e a maxia chegou da man de Manuel Figueiras. Para encher de soños os nosos poemas decidiu regalar / doar / agasallar (como queirades dicilo) uns libros de seu e facermos esta poxa, de xeito que os cartos obtidos sirvan para sufragar os gastos desta V SEMANA DA POESÍA. Grazas a el especialmente e a todos e todas vós pola aceptación tan boa da proposta.

Normas


Cada poxa debe superar, como mínimo, en 50 céntimos de euros a cantidade precedente.

Para que sexa válida, debe incorporar a identificación do autor (nome, curso e grupo) ou labor que desenvolve nesta comunidade educativa (profesor, pai/nai, bedel...)

20 maio 2008

O castrón de ouro

DARÍO XOHÁN CABANA
O castrón de ouro
Col. O Barco de Vapor. Eds. SM

4 comentários:

xenevra disse...

neste momento a poxa está en 2€

xenevra disse...

O castrón avanza devagariño. Temos a poxa en 5'5€

xenevra disse...

a poxa na rede comeza en: 6'5€

xenevra disse...

cerramos a poxa na rede.
Lémbrovos que o último día para conseguir o libro é o mércores no recreo.
contamos con todos e todas alí.
ata entón...