Moitos xa sabedes como naceu esta iniciativa, pero por si algún despistado aterra neste blogue, eí vaio conto. Todos os anos celebramos a semana de poesía na que veñen ao centro un poeta e unha poeta. Este curso queriamos contar con Fran Alonso e Yolanda Castaño, pero descubrimos que non había presuposto. É por isto que nos xuntamos a pensar solucións e a maxia chegou da man de Manuel Figueiras. Para encher de soños os nosos poemas decidiu regalar / doar / agasallar (como queirades dicilo) uns libros de seu e facermos esta poxa, de xeito que os cartos obtidos sirvan para sufragar os gastos desta V SEMANA DA POESÍA. Grazas a el especialmente e a todos e todas vós pola aceptación tan boa da proposta.
Normas
Cada poxa debe superar, como mínimo, en 50 céntimos de euros a cantidade precedente.
Para que sexa válida, debe incorporar a identificación do autor (nome, curso e grupo) ou labor que desenvolve nesta comunidade educativa (profesor, pai/nai, bedel...)
19 maio 2008
Carlota, a marmota
MIRO VILLAR Carlota, a marmota Il. Enjamio Col. Merliño. Eds. Xerais
5 comentários:
Partimos de 1€
Neste momento a poxa está en 6€
Nestes momentos que daba a poxa no insti en 8'5€
a poxa na rede comeza en: 8'5€
cerramos a poxa na rede.
Lémbrovos que o último día para conseguir o libro é o mércores no recreo.
contamos con todos e todas alí.
ata entón...
Enviar um comentário