Moitos xa sabedes como naceu esta iniciativa, pero por si algún despistado aterra neste blogue, eí vai o conto.
Todos os anos celebramos a semana de poesía na que veñen ao centro un poeta e unha poeta. Este curso queriamos contar con Fran Alonso e Yolanda Castaño, pero descubrimos que non había presuposto. É por isto que nos xuntamos a pensar solucións e a maxia chegou da man de Manuel Figueiras. Para encher de soños os nosos poemas decidiu regalar / doar / agasallar (como queirades dicilo) uns libros de seu e facermos esta poxa, de xeito que os cartos obtidos sirvan para sufragar os gastos desta V SEMANA DA POESÍA. Grazas a el especialmente e a todos e todas vós pola aceptación tan boa da proposta.
Todos os anos celebramos
Normas
Cada poxa debe superar, como mínimo, en 50 céntimos de euros a cantidade precedente.
Para que sexa válida, debe incorporar a identificación do autor (nome, curso e grupo) ou labor que desenvolve nesta comunidade educativa (profesor, pai/nai, bedel...)
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)

6 comentários:
neste momento a poxa está en 2€
Non tiven vagar para actualizar a poxa de hoxe.
Se vos parece correcto anoto 0'5 máis a todos e todas as que poxastes na páxina. ok???
se alguçen mçais quere poxar que siga o sistema de indicar o que sobe, porque os prezos son os do luns pola tarde.
perdón.
5€ nestes momentos do día
a actualización farase ás 18:00
ata ese momento están sen poñer o prezo no que quedaron no insti.
se queredes poxar antes, indicade o que queredes subir á poxa que haxa (xa sei, non sabedes canto pagariades ;((
a poxa na rede comeza en: 5€
cerramos a poxa na rede.
Lémbrovos que o último día para conseguir o libro é o mércores no recreo.
contamos con todos e todas alí.
ata entón...
Enviar um comentário